Servizos

A nosa experiencia e os nosos coñecementos convertemnos no perfecto aliado tecnolóxico para a súa empresa.

Data center. Black metal stylish modern server cabinets in a data center

Consultoría informática

Asesoramos os nosos clientes sobre as mellores opcións de tecnoloxía a implantar para as súas necesidades. Valoramos o estado no que se atopan na actualidade, e propoñemos solucións para mellorar a súa eficacia e productividade no presente, e con previsión de futuro

Renting tecnolóxico

Os equipos tecnolóxicos sofren unha rápida depreciación e obsolescencia, tendo que ser substituidos con frecuencia. Por iso ofrecemos os nosos clientes a opción de sempre ter un equipamento informático actualizado, coas nosas opcións de Renting.

sarrianet-renting-tecnoloxico
sarrianet-solucions-teletraballo

Teletraballo

A crise do COVID-19, puxo de actualidade o Teletraballo. Temos experiencia anterior a esta crise en implantación de sistemas de teletraballo, seguros e fiables. Somos conscientes de que un dos activos máis importantes para os nosos clientes é a súa información, e por iso os sistemas de teletraballo deben protexer esa información.

Mantemento informático

Ofrecemoslle os nosos clientes a tranquilidade de ter un equipo técnico, altamente cualificado, supervisando os seus sistemas periódicamente, e que resolva as súas incidencias simplemente poñendose en contacto con nos.

sarrianet-mantemento-informatico
sarrianet-img1

Seguridade informática

A información é un dos activos máis importantes da actualidade. Asesoramos os nosos clientes e implantamos sistemas de seguridade e control para protexer os seus datos contra roubos de información ou ataques de ciberdelincuentes.

Redes

Conta con profesionais para organizar unha rede que se adapte ás  necesidades dos nosos clientes. Estudamos as instalacións e as necesidades dos nosos clientes para ofrecerlle as mellores solucións.

sarrianet-informatica-profesional
sarrianet-telefonia-ip

Telefonía IP

Solucións de telefonía IP adaptadas á túa organización. Leva a atención telefónica na túa empresa ao seguinte nivel. Permitindo a movilidade e teletraballo e configurando as diferentes liñas tanto fixas como móviles como precises, establecendo horarios de atención, grabacións para os teus clientes, etc.

Copias de seguridade

Sabemos que hoxe en día, prácticamente toda a actividade dunha empresa almacénase dixitalmente. As copias de seguridade é un dos factores máis importantes para manter a información a salvo de posibles desastres. Nos ocupámonos de automatizar as copias de seguridade para evitar así posibles perdas. Dispoñemos de servizo de aloxamento de copias de seguridade na nube.

sarrianet-copias-de-seguridade